Imprimir
III Congreso Internacional Historia a Debate Santiago de Compostela

IV Congreso Internacional Historia a Debate
Santiago de Compostela, 15-19 de diciembre de 2010

Dirección


cv

Dionisio Pereira González :
(A Coruña, 1953). Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1977). Reside en Vilar (Cerdedo-Pontevedra).

Historiador especializado na investigación dos movementos sociais na Galicia Contemporánea. Nos últimos anos ten traballado así mesmo no eido da historia e a cultura marítima de Galicia.

Exerce dende o ano 2002 como consultor do Centro Tecnológico del Mar, Fundación CETMAR (Bouzas-Vigo), na realización entre outros do proxecto museolóxico do "Museo do Mar de Galicia" (Vigo), no proxecto "Carpintería de ribeira: estratexias innovadoras" e no proxecto "Adaptaclima". Entre 2001 e 2003, asesorou á Enciclopedia Galego-Universal da Editorial Ir Indo (Vigo). Foi, así mesmo, secretario do Consello Asesor do devandito "Museo do Mar de Galicia" entre 2005 e 2008. Tamén, foi membro fundador do Grupo Etnográfico "Mascato" de Cambados (1990), da Federación Galega Pola Cultura Marítima e Fluvial (1993) e da Asociación Ecoloxista e Cultural de Terra de Montes "Verbo Xido" (2001). Actualmente é integrante do Comité de Redacción da Revista de Cultura Marítima "Ardentía", formou parte do "Consello da Memoria", organismo asesor da Consellería de Cultura no apartado da memoria histórica, é coordinador na provincia de Pontevedra do Proxecto Interuniversitario "As Vítimas, Os Nomes, As Voces, Os Lugares", colabora con varias editoriais galegas e, dende o ano 2008, está contratado pola Fundación "Lonxanet" para a realización dun inventario de patrimonio marítimo para Asociación de Confrarías de Pescadores "Mar do Fin da Terra" e dun plano de desenvolvemento local do Concello de Carnota.

* Como historiador dos movementos sociais, ten publicado, entre outros libros e ensaios:

Con Bernardo Máiz e Uxío-Breogán Diéguez Cequiel:
- "Síntese de historia do movemento obreiro galego desde as orixes até 1984",
FESGA-CIG/Deputación A Coruña, 1ª e 2ª Ed., Santiago, 2010.

Con Eliseo Fernández:
- "O Anarquismo na Galiza. Apuntes para unha enciclopedia (1870-1970)", Edicións Positivas, Santiago, 2004.
- "O Movemento Libertario en Galiza (1936-1976)", Ed. A Nosa Terra, Vigo, 2006.

En solitario:
- "A CNT na Galicia (1922-1936)", Edicións Laiovento, Santiago, 1994.
- "Sindicalistas e Rebeldes: Anacos da historia do Movemento Obreiro na Galiza", Edicións A Nosa Terra, Vigo,1998.
- "Imaxes da fatiga: Crónica gráfica do traballo na Galiza", Edicións A Nosa Terra, Vigo,1999.
- "A IIª República e a represión franquista en Cerdedo", Asociación Verbo Xido, Cerdedo, 2006.
- "Os Canteiros da Terra de Montes no Exército Popular da República. Album de guerra", Difusora de Letras, Artes e Ideas, Ourense, 2008.

Como Coordinador/Editor:
- AAVV: "Os Conquistadores Modernos: Movemento Obreiro na Galicia de Anteguerra", Edicións A Nosa Terra, Vigo, 1992. Neste volume, ademáis da Introducción, participou co traballo: "Asociacionismo e conflictividade na Galicia mariñeira (1870-1936)".
- AAVV: "O monte comunal na Galicia contemporánea: Unha historia de resistencia", Edicións Fouce, A Estrada, 1999. Neste volume, colaborou ademáis co traballo: "Os montes veciñais en mán común e o agrarismo de anteguerra".


* Como estudioso da Historia e a Cultura Marítima de Galicia, ten colaborado en numerosas ocasións coa revista da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), as dos Encontros de Embarcións Tradicionais promovidos pola Federación Galega Pola Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF), o semanario "A Nosa Terra" e as revistas "Interea" da Deputación de A Coruña, "Náutico" do Real Club Náutico de Vigo, "A Trabe de Ouro" (Santiago), "Ardentía" da FGCMF, "Le Chasse-Marée" de Douarnenez (Francia), e "Itxas Memoria" do Museo Naval de Donostia/San Sebastián.

Publicacións formando parte do Grupo Etnográfico "Mascato":
- "Galeóns de Arousa", Edición do Grupo "Mascato", 1997 (1ª Edición), 1998 (2ª Edición corrixida e actualizada), Cambados.
- "Caderno de a bordo: Cultura Marítima e Medio Ambiente", Edición do Grupo "Mascato", patrocinada pola Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, Cambados, 1997.

Libros en solitario:
- "O Patrimonio Marítimo de Galicia", Edición da Federación Galega Pola Cultura Marítima e Fluvial, patrocinada pola Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, Santiago, 2000 (1º Edición), 2003 (2ª Edición corrixida e actualizada).
- "A Sociedade `La Protección Obrera´ de Porto do Son", Colección Cartafol da Memoria nº1, Concello de Porto do Son, 2003.
- "Foulas e Ronseis (Retrincos para un Tratado do Mar dos Galegos)", Edicións Positivas, Santiago, 2005.
- "Loita de clases no mar e represión franquista contra os pescadores galegos (1864-1939)", Edicións Xerais, Vigo, (en prensa).

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad