Imprimir
Tema 3

Tema 3

Joaquim Ventura Barcelona

Globalización e irreversibilidade dos dereitos humanos. Unha perspectiva histórica.

A historiografia ten sido, alen dunha simple recopilación dos sucesos, unha constatación da propia evolución da Humanidade. Dalgún xeito, unha testemuña desa mesma evolución. E. paralelamente, a historiografia pasou de describir os feitos dun xeito aséptico ou metafísico -os feitos eran por si mesmos- a analizar o suxeito colectivo que os protagonizou.

Este suxeito social que comezou a facer a Historia tivo a súa consolidación definitiva coas revolucións de fináis do século XVIII (independencia norteamericana. Revolución Francesa). Este suxeito social tomou conciencia de si mesmo e decentado defíniuse coma cidadan, suxeito e obxecto duns dereitos. E un destes defeitos era a democratización do monopolio da violencia (dereito a ir armado nos Estados Unidos» participación obrigatória na milicia nacional en Francia), precisamente para roubala das mans do poder absolutista (a monarquia).

No ámbito europeo, as distintas reorganizacións dos imperios tiveron sempre un carácter cruento. A participación mais ou menos obrigada nos exércitos nacionais tina» ainda daquela» un prestixio social: os caídos en combate eran tidos por héroes da patria. Mais, en cada salto, avanzou algo un vector que, co tempo, deveu imparable: as organizacións transnacionais. Primeiro foi a Sociedade de Nacións -despois da guerra de 1914-1918-, organización que, por vez primeira, definiu uns dereitos das minorias nacionais (referidos xa que logo os pobos que pertenceran ó Imperio Austro-Húngaro). Despois -e como consecuencia do desastre da Segunda Guerra Mundial- fundouse a Organización das Nacións Unidas, a carta de presentación da cal foi a Declaración dos Dereitos Humanos (1949). Esta circunstancia supuxo coller un camino irreversible (polo menos na teoria): a vulneración dos dereitos da persoa xa non podía ser absolutamente impune.

Despois do proceso descolonizador dos anos sesenta e setenta -as veces cruento- a terceira reorganización dos imperialismos chegou coa caida do muro de Berlín (1989). Con el remataba, prácticamente, o século XX aínda que esa reorganización tivo algunhas consecuencias cruentas, de fractura (Armenia, Xeonda, Chechenia, os Balcáns). Mais este proceso colleu as sociedades europeas cunha sensibilidade distinta á do pasado: morrer pola patria xa non ten prestixio, as esixencias a prol da paz teñen mais forza cá alienación belicista, as dictaduras militares e ideoióxicas comezaron a perder a impunidade e lexitimidade. Do mesmo xeito, o fin da estratexia da "loita armada", terrorismo en suma, tamén entrou

un camino sen retomo. Pola contra, e como consecuencia da fractura dos sectores obreiros adicionais, hoxe estamos a asistir a unha microviolencia de tipo xenófobo de banda, articularmente nos barrios dormitorio das grandes metrópoles.

E na confrontación entre un "novo orde internacional" e unha nova entente entre as acións, apareceu un novo suxeito social que abrangue case todos os ámbitos: as ONG, verdadeiras alternativas transclasistas, transnacionais e transrefíxiosas, canalizadoras das ^nerxias da sociedade e á disputa da hexemonia de partidos e sindicatos como principáis .-ncadradores da participación social. E se ben o obxectivo da fin da violencia segué no horizonte utópico, a agresión armada -malla a todo- faise a contracorrente da opinión pública, mais ca nunca o principal suxeito da Historia.