Imprimir
Vicente Risco:

Vicente Risco: da cración do mito á reescritura da historia de Galicia

Joaquim Ventura (Barcelona)

É xa lugar común que todos os nacionalismos (tanto os agresivos e expansivos coma os defensivos e minoritaristas) están baseados no núcleo dunha mitoloxía (histórica, étnica, territorial, lingüística). Estes mitos adoitan ser transmitidos de xeración en xeración en tanto que parte da memoria colectiva e histórica.

No caso de Vicente Risco (1884-1963) esa base de partida tivo que ser construida (ou reconstruida) en tanto que perpiaño indispensable para a creación dunha historiografia nacional e nacionalista en Galicia. Na súa dobre condición de profesor de Historia e de teórico do nacionalismo, en moitos dos seus escritos deixou un exemplo de como construir un mundo mitolóxico e, como Pedro coa Igrexa, erguer desde el a comunión nacionalista. Se a transformación do mito en teoria nacionalista sempre é unha manipulación (sentimento contra razón) por parcialidade ou por magnificación, moito máis o será cando o que se está a manipular, xa de entrada, é a propia mitoloxía.

Mais, no fondo, a Risco interesáballe máis a pervivencia do mito -en tanto que coartada previa para a formulación dunha Historia e dunha Historiografia propias- que a escritura mesma desa Historia. E interesábalie a dimensión sagrada do mito porque, para el, o pobo [galego] non podia ser protagonista autónomo da Historia senón que tiña que cumprir un destino metafisico- a purificación colectiva. Non Ile era tan importante a Ifistoria a protagonizar, en tanto que proxección de futuro, como que se complise a misión universal que Galicia, o pobo galego, tiña.

A proposta é reflexionar sobre como Risco artellou unha historia de Galicia baseada en mitos de colleita propia, mitos que -como tales- pasaron despois à conciencia dos sectores nacionalistas galegos (as orixes célticas, as relacións con Irlanda, a diferencia étnica).