Imprimir
MESA Q

MESA Q

 

VENTURA, JOAQUIM "A historiografía galega a debate". ' Unha aproximación extragalaica á historiografía galega'.

(Barcelona)

 

 

Galicia é o único territorio da península ibérica que non trocou de denominación desde a súa aparición na historia aínda que, por unha desas paradoxos da vida, nunca tivo unha existencia político-administrativa de seu. Por iso, as primeiras "Histórias de Galicia" -mesmo en forma de crónicas, anales, etc. -non teñen máis de século e medio de existencia e foron a contracorrente da historiografía dominante, a española.

Cando comenzaron a gañarse cotas de normalidade -por mínimas que fosen- a historiografía galega tamén comenzou a participar delas. Dous camiños foron os que colleu: a visión de Galicia en tanto que particularismo no conxunto hispánico e a construcción dunha historiografía nacional desde o nacionalismo. Cando esta segunda opción tivo un obxectivo divulgativo – xa que logo para recuperar a identidade como país- correu o risco, callado de inmediato, de facer unha história de Galicia en función exclusiva do referente nacionalista: a única história posible de Galicia era a historia do galegismo e o resto era história española e/ou história contra Galicia.

A miña experiencia no intre de achegarme á cultura galega desde un ámbito territorial extragalaico, topou co valeiro desa história -e , en consecuencia, dunha historiografía- que analisase o que aconteceu en Galicia alén do espacio estrictamente nacionalista. Unha verdadeira historiografía galega, mesmo nacional, debería extremar o rigor , rachándo con eses tópicos, coma o dos "séculos escuros", que liquidan tres séculos en catro páxinas. O obxectivo do tema sería trazar algunhas propostas para que ese rigor fose posible na análise histórica de Galicia, tanto nunha dimensión espacial como temporal.