Debates


Historia y género


¡Hola Guillermina¡

Son Correa. Como tu xa sabes sigo estes debates e, as veces, participo neles pero, desde certa distancia. ö meu modo de entender, a Historia das Mulleres non existe como tal se non  é que considerames a introducción da perspectiva feminina como unha forma mais de Historia. Ó  meu entender  a liberación da muller nunca estivo mais lonxe que hoxe. Non fai falla mais que mirar polas rúas, polos programas de televisión  ou nas revistas e periódicos especializados e non especializados para observar que o que se está dando e liberdade para que a explotación feminina - mellor de feminidade - está mais forte que nunca. O problema é que , neste proceso, colaboran activamente moitas mulleres.

A unica liberación posible é global, social donde muller e o home reserven  realización da indentidade do seu xénero para o ámibito doméstico. Todo o demais e desvestir un santo para vestir outro, aínda que sexa  con roupas distintas, a miúdo mais orteras. Ademais, hoxe empeza a darse algo que mete medo, o machismo feminista. É verdade que a muller ó longo da historia e hoxe mesmo sofreu discrimnación similares ás das clase baixas, ou peores. Pero aliberación destes atavismos non vai vir  por afirmacións deescontextualizadas, a miúdo afrontadas á visión mesculina  dos fenómenos. A ünica libaración, para homes e mulleres ten que ser social para non caer en contradicións xeralmente mais fortes  que as existentes. A Actual violencia de xénero - un fenómno que vargoña ó xénero humano, é un toque de atención nese sentido. ¿Cómo seres aparentemente normais o día naterior, se converten en asasinos sen que lles importe a ignominia, a vergoña  e a destruciónda súa propia autoestima? Algo se debe estar  a facer mal para que fenómenos tan degradantes se convertan en cotidiáns nun contexto no que que  a inmensa maioría  dos homes asumen a igualdade como  compoñente imprescindible da convivencia?

José Correa
IES de Pontedeume, Galicia, España