Debates


Historia y género


Para José Correa
Pontedeume-Galicia

Ola Correa, sabía que de cando en vez entrabas no foro, eu tamén o fago cando xa non podo máis e teño que respostar cuestións coma esta...és moi contundente na túa afirmación de que a Historia das Mulleres non existe....coa  que, evidentemente, non estou de acordo, pero sería moi longo para este marco, matizar esta afirmación, insisto, tan contundente e supoño que argumentada científicamente.

Tampouco vou ser eu, nin coma Historiadora nin como muller, por suposto, a que culpe de novo ás mulleres de nada, e menos de ser machistas, cando ti sabes moi ben que é o Sistema patriarcal instituido e apoiado por "outras" institucións o que leva á concepción androcéntrica e patriarcal do mesmo. Cando queiras poderemos debatilo de xeito máis amplo, aínda que con esa contundencia que demostras a min non me queda moito que dicir, eu seguirei poñendo o meu pequeno gran de area neste deserto, porque si penso que é preciso e que queda moito por facer desde que Georges Duby e Lucien Febvre, consideraron que si tiñamos un papel de suxeitos activas na Historia e que eran horas de empezar a desvelalo. Unha aperta e ata outra.

Guillermina Domínguez Touriño
Santiago de Compostela