Debates


Historia y género


Para o profesor Correa Arias

Dacordo no esencial contigo, é verdade que o sistema patriarcal é o capitalismo é o que nos ten, en xeral, sometidas e sometidos, é verdade que as relixións fan tres cuartos do mesmo, pero tamén o é que dentro do sometemento,incluso, hai xerarquías e non é o mesmo ser home, negro, e fricano, que ser muller, negra e africana, e xa non falemos se aínda por riba incluimos a perspectiva económica....Eu nunca pretendin facer un "parche"da Historia e moito menos coa Historia das mulleres, é moito máis serio para min o tema que todo iso, pero si boto en falta o tratamento científico e rigoroso da Historia "completa" que lle chamo eu, como de tantas outras disciplinas, sesgadas e manipuladas ao antollo dun sistema que nos afasta da realidade. Nunca "utilicei" a perspectiva de xénero para facer unha Historia en paralelo, xa que considero e creo que a Historia está feita por mulleres e homes de toda clase e condición, pero detenteime na defensa das mulleres porque creo nelas, porque sei que foron o motor de moitas das liberdades e oportunidades das que gozamos hoxendía e coido deberían ser transmitidas, en xusta medida...polo demais ti e máis eu nunca discutiremos, desexo tamén que descanses no verán e que sexas feliz, na medida que se pode, a cachos, a retazos de felicidade...unha aperta.

Guillermina Domínguez touriño
Profesora de Historia del IES San Clemente de santiago de Compostela