Historia Inmediata


Memoria

 
[Nota: Ante la importancia que está adquiriendo hoy la recuperación de la memoria democrática en España, y en otros países, damos continuidad  a los mensajes  previos sobre los nichos republicanos de Madrid con este llamamiento del  Congreso de Narón, bajo el título génerico de "Memoria", para que denuncias y noticias den paso al necesario debate sobre esta nueva línea de investigación e intervención historiográficos. C.B.]

A Asociación Cultural «Memoria Histórica Democrática» fai un chamamento a todalas persoas represaliadas na dictadura franquista e aos seus familiares, para que acudan aos actos do «Congreso da Memoria». No Auditorio de Narón [A Coruña, Galicia, España], onde se vai levar adiante o Congreso [4-7 decembro 2003], vanse reservar as primeiras filas de asentos para os represaliados e os seus familiares, coa intención de que no transcurso dos actos poidan sentir o cariño e a homenaxe de todalas persoas asistentes. Diante da imposibilidade de poñernos en contacto persoalmente con todalas persoas represaliadas e os seus familiares, facemos público este chamamento, agradecendo a difusión do mesmo para que poida chegar ao maior número posible de persoas. Rogamos as persoas represaliadas e aos familiares que desexen asistir aos actos que chamen aos teléfonos 628-086596 e 669-621687.

memoriahistoric@terra.es