Historia Inmediata


Ataque a EE.UU

 
Dende o meu ponto de vista, o teu comentario acerca do ataque ós USA é moi acertado, porque aínda condeandoo, o que é o máis lóxico xa que non hai ningunha razón de ningún tipo que chegue pra atoparlle explicación o ataque haino que observar dende unha perspectiva histórica, e coma tal, non miralo nin analisalo coma se por exemplo dunha catástrofe natural se tratara; e por iso vexo totalmente acertada a idea de que os ataques foron simplemente a consecuencia lóxica dunha moi agresiva política exterior estadounidense ó longo do último século recén rematado, sobretodo naquelas zonas do planeta con grandes  potencialidades enerxéticas ou xeoestratéxicas coma son moitos dos pertencentes á cultura islámica, o que introduce o outro matiz existente no conflicto, e que a toda costa os medios de manipulación de masas queren agochar coma é o do choque entre dúas culturas que viven unha às costas da outra, que quéirase ou non está aí, e que dende o meu ponto de vista non hai nada peor pra intentar solucionalo coma negala súa existencia. Polo tanto dende o meu ponto de vista só hai unha forma de afrontalo conflicto con garantías de éxito, que é ir coa verdade por diante, e non deixarse levar polo fanatismo relixioso, tanto uns que rezan 5 veces ó día, coma os outros, que só rezan unha vez (pero tamén o fan, e o seu presidente é o primeiro en facelo e animar a facelo, e ademáis eu penso que non é unha cuestión numérica), porque tan fanático é quen colle un avión coa soa idea de matar e morrer no intento, coma quen colle unha ametralladora e decide ir cara unha morte segura só coa idea de matar inimigos na cabeza (xente que non coñece de nada e que polo tanto non pode selo seu inimigo), aínda que este enarbole a idea de paz e liberdade (que probablemente sexa a mesma que a dos "inimigos" que el vai matar). Saúdos.

Serxio PAZ ROCA
norain40@hotmail.com