Actualizada: 18:00 h

 

  MARÉ

 
 

Mércores 7 de xullo de 2004

   
  SUPLEMENTOS
  océano internet
  descubrir
  universidade
  revista das letras
  hoxe venres
  bolboreta
  lecer
  (sobre)vivir
   
  CANLES
  manual de estilo
  libros
  musica-concertos
  galerías de fotos
  o club do debate
   
  SERVICIOS
  visitas
  web-cams
   
  ARQUIVO
  portadas (pdf)
  especiais
   
  HEMEROTECA
   
  EN 'EL CORREO'
  portada
  defensor del lector
  cine
  arte
  ocio
  caleidoscopio
  clasificacións fútbol
  horóscopo
  gallego del año
  televisión
  turismo rural
  anuario 2004
  5000 empresas
  agenda comunicación
  315 concellos
  e-mails
  tarifa publicidad
   
 
 
Ata 350 universidades de todo o mundo seguirán a análise das convulsións recentes que os máis prestixiosos historiadores analizarán en Compostela
A manifestación contra o 11-M, a guerra de Iraq ou a globalización centrará o Congreso da Universidade de Santiago
 
 
maré\Santiago
 
A guerra de Iraq, os atentados do 11 de marzo ou a globalización son algúns dos acontecementos recentes que os historiadores de maior prestixio analizarán en Compostela dentro do Congreso 'Historia a debate' que se celebrará entre o 14 e o 18 de xullo e que onte foi presentado.

      O encontro, organizado pola Universidade de Santiago, terá lugar na facultade de Ciencias da Comunicación e constará de 200 relatorios de universidades e centros de investigación de todo o mundo que pronunciarán máis de 130 expertos.

      O coordinador da iniciativa, o profesor de Historia Medieval e Moderna, Carlos Barros explicou onte que o congreso estará presidido por "unha grande acción histórica da sociedade civil que tivo a España como protagonista, a manifestación contra o masacre de Madrid do 11-M''.

      Abordarase tamén a violencia que rodea o mundo actual, como os atentados do 11-S, a guerra de Iraq ou o atentado de Bali, para "amosar a utilidade social da disciplina da historia e ver que pode achegar o historiador ós últimos acontecementos'', dixo.

      Consonte explicou a organización, calcúlase que acudan a este encontro arredor de 500 expertos, entre historiadores, filósofos, expertos do eido das humanidades e estudantes chegados de 32 países dos cinco continentes. Os países con representación no III Congreso Internacional 'Historia a Debate' serán, entre outros, Israel, Alxeria, Nixeria, Xapón, Uruguai, Colombia, Venezuela, Brasil, Argentina, México, Estados Unidos, Canadá, Xeorxia, Holanda, Suecia, Noruega, Bélxica, Austria, Alemaña, Italia, Francia, Portugal, Inglaterra e España.

      Os principais relatorios e mesas redondas do Congreso poderán seguirse en directo desde calquera parte do mundo, debido a que se transmitirán por videoconferencia a través da páxina web de 'Historia a Debate', que recibe habitualmente 2.000 visitas diarias. Os organizadores do encontro teñen previsto que uns 5.000 expertos de todo o mundo sigan o Congreso vía Internet.

      Carlos Barros explicou onte que 'Historia a Debate' é unha rede que, a través de Internet, comunica e reúne a historiadores de todo o mundo. Trátase dunha rede internacional que conecta desde Santiago unhas 350 universidades dos cinco continentes e na que debaten diariamente arredor de 5.000 profesores de historia de todo o mundo. Engadiu que se trata dun foro permanente de debate entre estudantes e profesores sobre a metodoloxía, a historiografía e a teoría da historia; sobre a práctica renovada da investigación e da divulgación histórica; sobre a docencia, os problemas académicos, profesionais e laborais dos historiadores; e sobre a relación e o compromiso do historiador coa sociedade, a política e a cultura do século XXI.

  
A inflexión do ano 2001
 
 

      O ano 2001 preséntase para os historiadores como un punto de inflexión para a disciplina, polo que tratarán aspectos de actualidade como a loita contra o terrorismo de masas, a globalización e antiglobalización, a importancia da emigración e a presenza do Islam en Occidente, pobos indíxenas, dereitos humanos, transicións políticas ou o papel da Unión Europea ó longo do século XXI

      Os dous anteriores congresos internacionais de 'Historia a Debate', celebrados en Santiago durante os Xacobeos 93 e 99, xeraron unhas actas que, segundo os expertos, se converteron "na referencia académica internacional máis importante para entender os cambios da escritura e o ensino da historia no cambio de século''.

      Os principais relatores e mesas redondas do Congreso poderán seguirse en directo desde calqueira parte do mundo, debido a que se transmitirán por videoconferencia a través da páxina web de 'Historia a Debate' (http://www.h-debate.com),/ que recibe 2.000 visitas diarias.

      




Ante calquera dúbida, comentario ou problema nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com

© 2005 www.galicia-hoxe.com Tódolos dereitos reservados. Prohibida a reproducción total ou parcial do contido sen a expresa autorización do propietario.