versión en castellano
english version

versión para discapacitados
 
Inicio » Xornal da USC » Nova
Xornal. Nova Mércores, 04 de maio de 2005 
Portada
Acontece
Resumo de prensa
Investigación
Axenda
Opinión
Publicacións
Entrevistas
Edicións anteriores
Taboleiro
Colabora con nós
• Buscador do xornal
Redacción

Historiadores dos cinco continentes debaten en Santiago os últimos acontecementos como o 11-M e a guerra de Irak

• Actualizada o Xoves, 15 de xullo de 2004 ás 00:00

A Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago acolle ata o vindeiro domingo o III Congreso Internacional ‘Historia a Debate’, que representa a maior concentración de historiadores que se ten producido nunca en todo o mundo e na que debaterán as súas investigacións e reflexións sobre a escrita da historia no novo século. Para iso abordarán os últimos acontecementos acontecidos no mundo coma os atentados do 11-M en Madrid, a guerra de Irak ou a nova Unión Europea, entre outros aspectos.

A conferencia inaugural do Congreso tivo lugar o mércores, tras a inauguración presidida polo presidente da Xunta, Manuel Fraga, a cargo de Etienne Bloch, o mellor coñecedor do afamado historiador francés Marc Bloch e da súa obra. Na súa intervención reivindicou o legado do seu pai, falecido hai 60 anos, un dos fundadores da escola de Annales, que representa unha das tendencias historiográficas de maior influencia internacional no século XX.

Transmisión a todo o mundo en tempo real
O III Congreso Internacional ‘Historia a Debate’ retransmítese por primeira vez por Internet a través da páxina web http://www.h-debate.com/, que xa ten recibido un millón de visitas desde o anterior Congreso, celebrado en 1999. Deste xeito será posible seguir nas súas linguas orixinais as conferencias, ponencias e mesas redondas do evento.


Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00