Vieiros Novas

CONTACTA CON VIEIROS
NOVAS
HOXE AO COMPLETO
OPINIÓN
NO ESCÁNER
DIARIO DE TITULARES  
ALGO ESPECIAL
ANTERIORES
COMUNIDADE
AXENDA
CHAT-CHAT-CHAT  
FOROS
ENQUISAS
POSTAIS
TENDA
LIGAZÓNS
BUSCADOR
NOVIDADES
TOP100
DOSSIERS
PUBLICIDADE
QUE É VIEIROS

 

CONGRESO EN SANTIAGO
11-M, globalización, guerra de Iraq... os historiadores "achéganse á sociedade e os seus problemas"

[14/07/2004 19:50] Globalización, antiglobalización, historia, 11 de setembro e 11 de marzo, historia mundial coma historia global, historia e dereitos humanos, pobos indíxenas, historiografía e actualidade... Estes son algúns dos eixos arredor dos que xirarán as ponencias que dende este mércores e deica ao próximo domingo se van escoitar no auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación. Trátase da terceira edición do Congreso Internacional Historia a Debate, deseñado atendendo á idea de que "os historiadores temos que exercer o noso oficio de cara á actualidade", segundo o profesor Carlos Barros, coordinador da iniciativa. Os principais debates do congreso poden seguirse en directo vía internet.


A organización agarda un alto seguemento, toda vez que no proxecto de debate artellado arredor da revista en liña Historia a debate están implicados uns 30 mil expertos dos cinco continentes e a web aproxímase ao millón de páxinas descargadas. Diariamente, uns 5 mil investigadores, profesores e estudiantes de historia de todo o mundo participan nun traballo conxunto que, coordinado dende a Universidade de Santiago, abrangue 350 universidades nos cinco continentes.

Ao fío de recentes acontecementos como a guerra de Iraq ou os atentados en Nova York, Bali e Madrid, os historiadores analizarán a actualidade dende a súa perspectiva. "Temos interese en amosar a utilidade social desta disciplina e ver o que pode achegar o historiador aos últimos acontecementos", afirma Carlos Barros, profesor da USC e promotor do encontro.

Máis de 200 ponencias serán presentadas por historiadores, filósofos e outros expertos chegados a Santiago de Compostela dende 32 países diferentes. As prinicipais ponencias e mesas redondas poderán seguirse en directo pola rede.



Ligazóns relacionadas:
Máis información




PUBLICIDADE

PUBLICIDADE
MpDC


INICIATIVA
Banner


© Vieiros