diario de titulares
Vieiros Universitaria

Edición xestionada por Vieiros
 FORO

A sección onde deixares as túas opinións, comentarios ou suxestións e debater con outros internautas.
 AS WEBS DE AQUÍ

Consulta no directorio de Vieiros as páxinas sobre:
- Universidade
- Recursos para estudiantes

 

III CONGRESO INTERNACIONAL HISTORIA A DEBATE
Unha análise das claves do 11-S e do 11-M

[05/07/2004 18:08] As 11.30 horas de mañá martes a Sala de Xuntas da Facultade de Xeografía e Historia acolle a presentación do III Congreso Internacional de Historia a Debate, que se desenvolverá nese mesmo edificio entre os días 14 e 18 de xullo. Entre as materias que se debaterán nesta edición atópase a análise do acontecido dende os atentados do 11 de setembro de 2001 nos Estados Unidos ata a guerra de Irak, sen esquecer os atentados do 11 de marzo deste producidos en Madrid.


No anterior congreso, celebrado en 1999, reuníronse máis de dous mil historiadores dos cinco continentes; unha participación que esta vez se ve ampliada a través da asistencia por video conferencia e pola incorporación dos membros da rede dixital HaD (Historia a Debate).

A organización deste terceiro congreso inclúese na programación do Xacobeo 2004, polo que na presentación do mesmo estará presente a xerente de Promoción do Camiño de Santiago, María Xosé Dopico, á que acompañarán Rubén Lois González, decano de Historia e Carlos Barros, profesor de Historia Medieval da USC.

As cotas de inscrición para participar no congreso Historia a Debate son de 160 euros, incluído a compra das actas, e 80 euros sen a obtención das mesmas. Ademais, existen cotas reducidas para estudantes, relatores e licenciados en paro (de 40 euros sen actas e 80 con elas).






© Vieiros