Imprimir
Tema 9

Tema 9

Manuel Mosquera

Univ. Santiago de C.

Propostas para unha Historia do Medio.

A posible conciliaci�n entre Ecohistoria e Historia Xeral na an�lise da documentaci�n medieval Lucense.

Nos paradigmas da actual historiograf�a contempor�nea calquera intento de aportar conceptos innovadores � recibido de xeito ambig�o polos profesionais da historia, resultando abertamente alentador para uns e desconsoladamente fragmentario para outros. Deste xeito a aceptaci�n que nos �ltimos tempos est� atopando o que se entende como Ecohistoria, ten que se enfrontar cunha serie de par�metros establecidos que dificultan calquera proposta innovadora que puidera chegar dende este campo. Tendo en conta o que vimos de comentar, a comunicaci�n que se presenta a este congreso tenta de establecer un esquema te�rico-pr�ctico para traballar sobre un fondo documental. Prescindindo, a priori, dos resultados emp�ricos, plantex�monos unha aproximaci�n �s fontes para conseguir unha visualizaci�n previa daqueles procesos hist�ricos que nos permitan dispo�er a Ecohistoria, con plena lexitimaci�n, nun plano de cooperaci�n c� Historia Xeral e nun plano de co-protagonismo dentro da historiograf�a contempor�nea. Para conseguir esta conciliaci�n, partimos neste traballo duns presupostos que rexeitan calquera tipo de radicalizaci�n das posturas. As�, tentaremos propugnar unha Eco-Historia-Social que supere os par�metros da actual Historia Xeral en canto presunta fundamentaci�n dunha historia da sociedade que, sen embargo, non pasa de ser unha historia absolutamente antropoc�ntrica. Por outra banda, a disposici�n dos conceptos a partir dunha documentaci�n do per�odo medieval �concretado na an�lise do fondo documental da catedral de Lugo- permite con facilidade prescindir das xustificaci�ns habituais dunha Historia Ecol�xica que en moitos casos tan s� se xustifica en canto resposta � crise medioambental da nosa �poca contempor�nea ou como protesta contra o sistema de producci�n establecido hoxe en dia.

Procuraremos as� a consecuci�n dunha gu�a de traballo de cara a unha an�lise das fontes que integre o medio natural dentro da historia social, en canto medio onde se desenrola a historia, e, tam�n, en canto fundamento xeogr�fico, econ�mico e xurisdiccional para a configuraci�n dunha sociedade que establece referencias, relaci�ns e sistemas de administraci�n e goberno. Unha sociedade que coida o medio natural coma xeito de vida ou que, segundo o caso, o emprega como instrumento de poder.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad