MESA Q
Xosé Manuel Suarez Martines "Investigación da represión en Galicia na Guerra civil"
A ciencia histórica foi utilizada en España como instrumento de xuxtificación ideolóxico, é dicir ó servicio dunha interpretación da realidade. A tarefa agora para os historiadores de romper os prexuízos creados é inmensa, aparte de estar na obriga de utilizar todalas fontes posibles na investigación como método, comenzando polos rexistros civís.
Do repaso do publicado sobre a guerra e a represión en galicia obtense a conclusión de que se precisan estudios locais, comarcais, que aporten datos cuantitativos e cualitativos sobre a represión violenta nesta rexión. A maior parte deste territorio é virxe nesta cuestión, xa que hai enormes valeiros e incógnitas.
En principio é importante o estudio cuantitativo, mais esta contabilidade da represión non debe quedar nunha mera expresión numérica de represaliados, senón que debe estar acompañado dunha analise sobre os métodos represivos, a xustificación do proceso, os grupos sociais que a sufriron, a incidencia demográfica, as etapas e quen a levou a cabo. Desta maneira a História non só servirá para devolver ás víctimas e ós seus familiares a súa dignidade, senón que , tamén, axudará a coñecer que pasou e por que pasou: que a História deixe claro que a represión iniciada en 1936 foi unha acción política que respostaba a obxectivos políticos.