Historia Inmediata


HI con el juez Garzón


Estou contigo, Carlos

Cando se trata de buscar resquicuios formais para desvirtuar unha demanda, un proceso, unha iniciativa, quer dicir que estamos no bo camiño. O fascismo antes de converterse non movemento de acción social de forte contido negacionista, organízase arredor de anécdotas históricas de pouca relevancia - a mesma relevancia que a dos seus líderes - pero , habilmente manipuladas, de gran impacto, o que lles permite ser coñecidos e presentarse como redentores.

Alemaña ten aínda moitas contas pendentes, como resarcir a tódolos militantes de esquerda que foron aliminados por combatir o fascismos ou, simplemente significar unha oposición a el. Resarciron ós xudeus porque teñen moito poder internacional, pero non ás vítimas internas, porque aínda hoxe ,significan un peligro maior que o fascismo, idea que está na orixe do poder totalitario

En España e no mundo o totalitarismo está a renacer despois da desfeita do Comunismo da Europa Oriental.

Nunha democracia, ou en calqueira estado formal onde os órganos de xustiza respondan a súa función, é deber de todo xuís que ten noticias dunha desaparición, do achádeo de restos humanos ou da información relativa a lugares onde hai tumbas colectivas, investigar que pasou, por si houbera resposabilidade. Se se quere tapar, estamos, cando menos, sendo cómplices do totalitarismo.

Iso é o que lle pasa a Garzón, está sendo vítima dos comparsas da memoria do totalitarismo franquuista que por enriba de non deixar darlle sepultura digna ós enterrados nas cunetas, pretenden que esa verdade non saia al uz, para quedar como bos e guapos guerreiros da cruz, como os presentaban os textos que nos obrigaron a ler de pequenos e que, contra toda razón pretenden seguir impoñendo. Iso é fascismo

Quen non entenda esto, ou particiapa desa interesada boa memoria, ou é comparsa necesario dela

José Francisco Correa Arias
Catedrático de Secundaria
Doutor en Historia Medieval


 



 


Volver