Pérez Varela presenta actas do II Congreso Historia a Debate do 99
 
 

      O titular de Cultura da Xunta, Pérez Varela, presentou onte as actas do II Congreso Internacional Historia a Debate, celebrado en Santiago no Xacobeo 99, e afirmou que este certame "crea unha cadea de coñecemento que irradia en todo o mundo''. Pérez Varela afirmou que "estes volumes de alto nivel intelectual quedarán nas bibliotecas académicas como recordo do evento do 99 e animarán outras investigacións, creando así unha cadea de coñecemento historiográfico desde Compostela que irradia xa en todo o mundo''.

El Correo Gallego, viernes 23 de marzo de 2001