![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]()
|
![]() |
![]() |
![]() III CONGRESO INTERNACIONAL HISTORIA A DEBATE
Unha análise das claves do 11-S e do
11-M [05/07/2004 18:08] As 11.30
horas de mañá martes a Sala de Xuntas da Facultade de Xeografía e Historia
acolle a presentación do III
Congreso Internacional de Historia a Debate, que se desenvolverá nese
mesmo edificio entre os días 14 e 18 de xullo. Entre as materias que se
debaterán nesta edición atópase a análise do acontecido dende os atentados
do 11 de setembro de 2001 nos Estados Unidos ata a guerra de Irak, sen
esquecer os atentados do 11 de marzo deste producidos en
Madrid. No anterior congreso, celebrado en 1999, reuníronse
máis de dous mil historiadores dos cinco continentes; unha participación
que esta vez se ve ampliada a través da asistencia por video conferencia e
pola incorporación dos membros da rede dixital HaD (Historia a
Debate). A organización deste terceiro congreso inclúese na programación do Xacobeo 2004, polo que na presentación do mesmo estará presente a xerente de Promoción do Camiño de Santiago, María Xosé Dopico, á que acompañarán Rubén Lois González, decano de Historia e Carlos Barros, profesor de Historia Medieval da USC. As cotas de inscrición para participar no congreso Historia a Debate son de 160 euros, incluído a compra das actas, e 80 euros sen a obtención das mesmas. Ademais, existen cotas reducidas para estudantes, relatores e licenciados en paro (de 40 euros sen actas e 80 con elas). ![]() OUTRAS NOTICIAS ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() |