Acto

El próximo jueves, 22 de marzo de 2001, a las 11, 30 horas, en el nuevo local del Instituto Padre Sarmiento, San Roque nº 2 (Santiago de Compostela, Galicia, España) tendrá lugar la primera presentación pública de las Actas del II Congreso Internacional Historia a Debate celebrado en julio de 1999:

Estarán presentes

Jesús Pérez Varela, Conselleiro de Cultura y Comunicación Social de la Xunta de Galicia

Eduardo Pardo de Guevara, Director del Instituto Padre Sarmiento del Consejo Superior de Investigaciones Científicas

Carlos Barros, coordinador de Historia a Debate

Blanca Roig, Vicerrectora de Estudiantes de la Universidad de Santiago de Compostela

[Nota de los editores Recordamos que a los miembros de lista H-Debate anteriores al 17 de diciembre de 2000 hacemos un descuento del 30 % en la adquisición de las actas]

Intervenciones

Presentación de las Actas del II Congreso Internacional “Historia a Debate”

Instituto Padre Sarmiento
San Roque, 2
Santiago de Compostela, España

22 de marzo de 2001 (11:40 h)

Mesa presidencial:

Bos días. Hoxe culminamos dous anos de traballo do II Congreso Internacional Historia a Debate, organizado dende o Instituto “Padre Sarmiento” e a Universidade de Santiago de Compostela, co apoio xeneroso da Consellería de Cultura e do Xacobeo 99, un apoyo que xa tivemos no ano 93 e que agradecemos unha vez máis. Porque foi un patrocinio, como xa dixen no acto de inauguración o 14 de xullo do 99, “sen condicionamento algún” para o desenvolvemento temático dos debates científicos e académicos que tiveron lugar hai case dous anos. Tamén quero agradecer nesta presentación ás 102 entidades científicas colaboradoras, dende New York a China, que apoiaron este Congreso, tedes a lista delas nas carpetas que vos entregamos.

Este é o primeiro acto de presentación pública das Actas do Congreso de 1999. A próxima presentación será en Quito (Ecuador) no mes de abril. O acto de hoxe será difundido pola nosa propia rede en Internet.

Estos tres volumes se veñen a sumar ós seis volumes que editamos no ano 1993. Un conxunto de traballos que reflictan o estado da nosa disciplina no mundo nesta transición do século XX ó XXI que se iniciou no ano 1989. Diciamos na convocatoria do Congreso que cando cambia a historia, se queira ou non, cambia tamén a maneira de escribir a historia. Tal foi o obxectivo central do II Congreso. Cada volume ten un subtítulo diferente. O primeiro, “Cambio de siglo”; o segundo, “Nuevos paradigmas”; o terceiro, “Problemas de historiografía”. Seleccionamos para publicar nestas Actas 79 ponencias e transcribimos así mesmo as 19 mesas redondas. Temos, en total, 157 autores de diversas nacionalidades e continentes, 1235 páxinas en español, pero tamén en galego, portugués, inglés, francés e italiano. Está no prelo unha edición en inglés na editorial Haworth (USA) cunha parte destes textos.

É a primeira vez que transcribimos a totalidade dos debates das mesas redondas. Foi un esforzo enorme, que levaron a cabo os membros do Seminario Historia a Debate sito nesta casa, coordinados por Israel Sanmartín, pero de gran importancia para o obxectivo do Congreso, porque é nas mesas redondas, no debate libre e improvisado, onde os académicos falamos mais sinceramente do que pensamos sobre o noso oficio e a relación, a miúdo inadvertida, co mundo que nos rodea.

Dentro dos 157 autores destes libros colectivos hai algúns cunha traxectoria internacional como George G. Iggers (presidente da Comisión Internacional de Historia da Historiografía), Jaques Revel (presidente da École des Hautes Études en Sciences Sociales de París) ou Harbans Mukhia (rector de la Jawaharlaf Nehru University da India). Dentro de América Latina, que tivo unha sinalada participación neste congreso, participaron historiadores ben coñecidos como, en México, Enrique Florescano, en Brasil Ciro F. Cardoso, en Arxentina, Fernando Devoto, en Cuba, Sergio Guerra, etc. Houbo tamén unha presencia relevante de colegas da Facultade de Historia da Universidad de Santiago, como Ramón Villares, Justo G. Beramendi, José Carlos Bermejo, Santiago Jiménez, Ofelia Rey Castelao, Lourenzo Fernández Prieto, Xosé Manuel Núñez Seixas, María Xosé Rodríguez Galdo, María Luz Pintos, e, naturalmente, os que estamos nesta mesa. Ademais da participación de profesores dun elevado número de universidades españolas e estranxeiras (máis de 40 países representados).

Una diferencia fundamental desta segunda edición co I Congreso foi, con todo, unha maior xuventude dos relatores, que nos sorprendeu, ata certo punto, e que se incrementará na próxima edición que esperamos que sexa no 2004. É, sen dúbida, unha das virtudes destas Actas, porque serán os profesores e investigadores mais novos da historia os rematarán por marcar a historiografía do século que ven de nacer: os representados nesta obra son dos colegas xoves que reflexionan sobre o seu oficio e as súas responsabilidades.

¿Qué temas se tratan nestes libros? Principalmente cuestións de historiografía, metodoloxía e teoría da historia, ás que engadimos nesta ocasión asuntos de historia inmediata, problemas profesionais dos historiadores e da nosa relación coa sociedade. A nosa profesión ten unha longa tradición empirista, ten por tanto moito valor estes esforzos reflexivos continuados que fan de Historia a Debate unha referencia internacional obrigada. Dificilmente vamos atopar un serie de congresos especializados nestes temas, e, ó mesmo tempo, con este grado de participación e representación internacional. Polo tanto para nos é unha gran responsabilidade de cara ó futuro.

¿Temas concretos se reflictan nas Actas? Discusión sobre s a historia sigue sendo unha ciencia ou non; si a historia hai que equiparala ou non á ficción; como enfocar a subxectividade do historiador no seu traballo; que pasou co “final da Historia” once anos despois; como afecta a globalización á nosa disciplina; o debate das humanidades; a relación do historiador co presente e o futuro; o compromiso social do historiador; o debate sobre si os xudeuconversos españois eran xudeus ou non, moito antes de que saltara ós medios a polémica sobre o libro de Netanyahu; mitos históricos e nacionalismo; o debate sobre si se deben manter as áreas cronolóxicas no estudio da historia; como facermos unha historia que teña mais en conta o medio ambiente e a ecoloxía; a influencia no debate historiográfico da revolta de Chiapas; os problemas da endogamia na universidade, e do relevo xeracional dos cadros de profesores cara á segunda década deste século, etc.

Coido que logramos un alto nivel académico no tratamento destes obxectos. A participación no II Congreso e a súa transcendencia amosa que na nosa disciplina se reflexiona cada vez máis, sen abandonar a investigación empírica, nesa ida e volta entre a teoría e a práctica, porque, hai que dicir que a meirande maioría dos 157 contribuíntes nos somos especialistas exclusivos (que tamén fan falta) en historiografía, metodoloxía e teoría da historia, investigamos en concreto diferentes períodos históricos en distintos países e continentes, e dedicamos un tempo a pensar sobre o que facemos, así de simple, así de difícil, así de necesario.

¿A quen poden interesar estos libros que temos enriba da mesa? Descubrimos, cando difundimos as Actas do I Congreso Internacional Historia a Debate, un uso específico moi estendido, que seguirá funcionando con estas segundas actas, na preparación das memorias de oposición para acceder a postos de profesores titulares, un exercicio ó que obriga a LRU e onde o aspirante ten que definir o seu concepto de historia para demostrar a súa capacitación como investigador e docente. Nos consta que nalgúns concursos a utilización ou non das Actas de Historia a Debate foi a proba de fogo para considerar ou non ó concursante ó día historiograficamente. Mais, dunha forma xeral, estas Actas renovadas van interesar a aqueles investigados e docentes -e mesmo afeccionados- á historia preocupados polo noso oficio e pola actualización dos nosos coñecementos, a maioría de todos nós, naturalemente.

Por último, gracias a colaboración do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), fixemos o 14-18 de xullo de 1999 I Congreso Virtual Historia a Debate. Logo continuamos en Internet, abrindo posibilidades ate agora inéditas no desenvolvemento da nosa rede académica. Temos unha páxina web () que tivo dende a súa apertura 60.000 visitas de historiadores, a metade correspondentes ó mundo latino e a outra metade accedendo pola páxinas de ingles e francés. Tamén temos unha lista de correo electrónico na que participan xa 970 profesores de todo o mundo, onde continuamos cos debates iniciados no Congreso e iniciamos outros. Toda esta actividade pos-congresual supuxo un cambio capital: agora actuamos como rede e foro de debate todos os días. O que nos vai permitir preparar mellor o próximo Congreso, tarefa que pretendemos principiar no no ano 2002, unha vez distribuidas estas Actas, publicados os primeiros da nosa revista e analizados os resultados da Enquisa Internacional “O estado da historia”. A próxima grande cita presencial será, logo, no mes de xullo de 2004 si o patrocinio institucional non falla, claro está. Moitas gracias.

Bos días en nome do Rector, que moi ó seu pesar non está aquí presente aínda que sí estivo no acto de inauguración do Congreso. Estou compracida de asistir á presentación destes tres volumes grosos en tamaño, cargados de contido, fundamentales para o estudio da historia, e emanados de mentes privilexiadas, xa avezadas algunhas e moi novas outras, que participaron no II Congreso Internacional Historia a Debate.

Quero comenzar felicitando ó seu coordinador científico, o profesor de historia medieval, Carlos Barros, e os profesores e profesoras, que son poucas en número según se desprende das Actas, da Facultade de Historia da Universidade de Santiago de Compostela e do Instituto “Padre Sarmiento” que colaboraron no éxito dunha empresa que xa se adiviña de un gran valor para os historiadores, e ben difícil de organizar, polos datos que acaba de amosar Carlos Barros.

É salientable lograr desenvolver o interese polo método, o debate e a temática a que se refiren estas Actas do II Congreso Internacional Historia a Debate. E é un orgullo que esta actividade se sosteña dende Galicia e Santiago de Compostela, e no marco de referencia da Universidade de Santiago.

Santiago é unha cidade de congresos, pero non só nos Anos Xacobeo. Todos os anos celébranse aquí importantes congresos. Santiago é a capital de Galicia, pero tamén é a gran capital mundial da cultura, gracias ós Xacobeos e as redes académicas como, por exemplo, Historia a Debate.

A política da Universidade de Santiago vai nesa dirección: investigar en conexión constante coa nosa realidade galega pero nun contexto académico internacional. Así temos desenvolvido o Grupo Compostela que engloba a 80 universidades de todo o mundo, e mais recentemente temos a Casa de Europa na que se pretende acoller a todos os investigadores mais prestixiosos que poidan vir a ensinar e transmitir os seus coñecementos. E tamén temos o Centro de Estudios Avanzados, que está en construcción e que será un centro de estudios internacionais cunha especial atención ás humanidades e as ciencias sociais.

Por todo esto celebramos o remate dos traballos do II Congreso de Historia a Debate, e queremos animarvos a superar os seus estupendos resultados no III Congreso do ano 2004 Sabemos que non vai ser fácil, pero dende o Rectorado da USC poñeremos, como en 1993 e 1999, os medios de infraestructura, ou doutro tipo, que precisen os organizadores para que a historia siga avanzando.

Para rematar, persoalmente síntome moi compracida e orgullosa de pertencer á mesma Universidade á que pertence Carlos Barros, capaz de incorporar as novas tecnoloxías os seus estudios dentro da historia, e capaz de coordinar científicamente un congreso deste tipo e actos como os que aquí estamos a presentar.

Tomo la palabra muy brevemente para dar dos mensajes.

Primero, darles la bienvenida a las nuevas instalaciones del Instituto de Estudios Gallegos “Padre Sarmiento”, que son las instalaciones de un nuevo Instituto de Estudios Gallegos “Padre Sarmiento”, reconvertido en un centro mixto entre el Consejo Superior de Investigaciones Científicas y la Xunta de Galicia. Por lo tanto, dar la bienvenida a un centro que se renueva profundamente en su composición, en su naturaleza jurídica y en su proyección científica.

Segundo, quiero felicitar a Carlos Barros, coordinador del Congreso y al secretario del Congreso, Israel Sanmartín, por haber sabido llevar a buen término un proyecto complejo y difícil, realizado a partir de un proyecto desarrollado en este Instituto, el proyecto Encuesta Internacional “El estado de la historia”, que se desenvolvió entre los años 1996 a 1999, y continúa con el proyecto “Cambio de paradigmas historiográficos”. De alguna manera puede decirse que el Congreso es hijo legítimo e inmediato de estos proyectos.

Aunque Carlos Barros ha hecho ya una valoración del Congreso, y como la calidad no es enemiga de la cantidad, y en este caso mucho menos, es importante resaltar el valor del este Congreso. Fueron 800 inscritos de más de 40 países; 79 ponencias y 19 mesas redondas, más de 1200 páginas repartidas en tres volúmenes, recogiendo todo lo que se debatió en aquel Congreso. En fin, reitero mi felicitación a quienes llevaron el peso del Congreso, la importancia de sus debates y su rentabilidad historiográfica se reflejan en estas Actas.

Felicitación que hago extensiva a la Consellería de Cultura, de manera especial a su titular Jesús Pérez Varela, por la sensibilidad y el buen criterio mostrado, como ha hecho en otras ocasiones en todo su mandato en la Consellería, al cual yo estoy especialmente agradecido.

Concluyo expresando las nuevas posibilidades del Instituto en el ámbito científico, cultural y publicista,y avalando la petición que se acaba de hacer de patrocinio para embarcarnos en un nuevo empeño científico y congresual del año 2004.

La Consellería de Cultura viene manteniendo desde que soy titular, y lo mismo pensaba mi predecesor en el cargo, que nuestra función es poner las autopistas, los caminos y las vías para que la cultura pueda circular libremente. Ningún congreso de los cientos y miles que hemos patrocinado ha tenido más intermediación desde la Consellería que aportar el dinero, el apoyo logístico y el estar siempre dispuesto a que todo se realizara con eficacia. El resto de los temas, como puede testimoniar Carlos Barros, corresponde a las personas que dirigen y participan en los congresos. Hay que dejar esto claro, porque hay la tentación desde fuera, a veces, de decir que al patrocinar un congreso se está mediatizando la actuación del mismo. Este, como los otros miles de congresos que se han patrocinado, se ha celebrado siempre en absoluta libertad, sin más límites a la misma que la que impusieron los propios organizadores.

Pero no era ese el tema que me ha traído hoy aquí, si no la presentación de las Actas del II Congreso Internacional Historia a Debate, la necesidad de expresar mi agradecimiento por el alto nivel del Congreso en la persona de Carlos Barros, de la propia Universidad de Santiago y del Instituto Padre Sarmiento, que mejoró incluso el de 1993. De la misma manera que estoy convencido que el del 2004 mejorará el de 1999.

Decir que, gracias a Dios, la sociedad de la información y del conocimiento van a impedir que se pueda manipular la historia, de un modo u otro, por personas que quieren arrimar la historia a su parcela, o por conjuntos o grupos de vencedores. La Historia a Debate es eso, la posibilidad de ver la historia desde diferentes prismas, desde diferentes puntos de vista, es decir, poner levadura, como decía Don Miguel de Unamuno, para que fermente en el corazón del lector y que permita interpretar libremente con el paso del tiempo la realidad de los acontecimientos pasados.

Tengo que añadir, por tanto, una cosa más en el tema que nos ocupa. Dentro de esta fenomenal operación intelectual que cada Xacobeo se ha puesto en marcha hay una novedad que a mí me llena de satisfacción, querido Carlos, y es esta nueva Historia a Debate en Internet, en la mayor enciclopedia del mundo, an la enciclopedia más universal a la que todos podemos acceder teniendo un ordenador y un teléfono en casa, sin necesidad de estar situados en un centro de poder intelectual. Desde cualquier país, con un teléfono y un ordenador, todos somos iguales a la hora de acceder a los bienes culturales. Por eso te felicito. Tu sabes que es una vieja teima da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia desde que eu estou nela: humanizar as novas tecnoloxías e poñelas o servicio do home.

Hai xente que ten medo, o mesmo medo de cando apareceu a radio e pensaron que ía desaparecer a prensa, e que coa chegada da televisión ía desaparecer a radio. Hoxe apareceu Internet e non va a desaparacer nin a radio, nin a televisión, ni a prensa, nin os libros. Vaise a engrandecer o coñecemento dos homes. E por esto te felicito. Pola fenomenal edición escrita a pesar da diminuta letra para aforrar papel. Estou feliz pola maxistral dirección do Congreso. Moitas gracias a ti, a Universidade de Santiago e ó Instituto Padre Sarmiento.

Felicitaciones

Geraldo Vinci [20/3/01]

 Caros amigos

Felicitaciones por la presentación de las Actas del II Congreso HaD.

Zé Geraldo

Joan Corbalán [21/3/01]

Aprovecho la ocasión para felicitaros por el esfuerzo que supone la publicación de las actas del II HaD.Un abrazo,

Joan Corbalán

María A. Suayter [21/3/01]

 Estimados colegas:

Estas pocas líneas para CELEBRAR la presentación de las Actas. Les deseo lo mejor.

María Adela Suayter

Teresa Suárez [21/3/01]

 Felicitaciones!! Me pueden enviar los índices y los precios?

Muchas gracias,

Teresa Suárez

Ana Mª Carabias [22/3/01]

Pues qué razón tienen los que envían felicitaciones por las Actas. Realmente todos esperamos siempre con verdadero interés estas actas, las anteriores y por supuesto éstas, que serán sin duda referencia obligada en la historiografía contemporánea. Felicidades por ellas y muchas gracias por lo que nos ayudarán.
 
Ana Carabias

Delfín Quezada [23/3/01]

 

Estimado Amigo y Colega.

Por este conducto quiero informarte que he recibido el día de ayer (21 de Marzo) las Actas del Congreso. Así mismo quiero felicitarte a ti a todo el equipo de edición el magnífico trabajo que han hecho en la edición de las Actas, pues son realmente interesantes y bellas en su presentación. Además, todo el equipo de historiadores de la Facultad de Antropología e Historia

de la Universidad Autónoma de Yucatán, México les desea el mejor de los éxitos en la presentación y espera recibir más noticias de Ustedes. Nuevamente muchas gracias, y hasta pronto.

Tu amigo

Delfin Quezada Dominguez

Wilfredo Kapsoli [23/3/01]

Estimado Carlos,

Felicitaciones por la publicación de las actas, esperamos la forma de que pronto llegué a nuestras manos. Quisieramos saber los precios.

 
Wilfredo Kapsoli
Lima, Peru.

Prensa

La Voz de Galicia [23/3/01]
O Correo Galego [23/3/01]

Foto

Santiago de Compostela [22/3/01]