Imprimir
III Congreso Internacional Historia a Debate Santiago de Compostela

IV Congreso Internacional Historia a Debate
Santiago de Compostela, 15-19 de diciembre de 2010

Dirección

 


 Ponencias aceptadas


Mesa Redonda  K. “Historiadores e Memoria Histórica.”

Autor:

   Lourenzo Fernández Prieto (Universidade de Santiago de Compostela)

Título:

Historia alén da Memoria: das vítimas aos verdugos

Resume:

            O esquecemento do terror asociado ao golpe de estado de 1936 e da posterior guerra e máis á Ditadura franquista, sancionado na Transición posterior a 1975, tivo e ten un sentido hoxendía, pero o problema sempre é o presente non o pasado. E no presente o esquecemento non ten sentido dende o punto de vista democrático, dos dereitos humanos ou dos valores da paz e o pacifismo. E menos aínda dende o punto de vista historiográfico.

          Necesítase construir unha nova interpretación do pasado baseada nun novo coñecemento profesional do pasado oculto, deformado e manipulado.
Revisitar historiográficamente golpe de estado, guerra e franquismo. Neste contexto o actual e creativo afán pola memoria baséase no sentimento familiar dos supervivintes e no tranxeracional dos netos e netas; tamén nunha vontade política –evidentemente ambígua- que leva facendo política coa memoria dende a transición, pero que é incapaz de promover polítivas da memoria á altura do pasado e do presente democrático, como evidencia a denomínada Lei da Memoria histórica, incapaz de anular os xuizos do golpe e do franquismo e –xa que non de favorecer esclarecementos e reparacións- cando menos de impedir a causa contra o xuiz Garzón.

            Unha das razóns desta incapacidade podería ser a carencia dun fundamento historiográfico -dunha idea da democracia, dun metarrelato histórico- sobre aquel pasado, adecuado ao presente e os seus valores: democracia, dereitos humanos, pacifismo. O proceso asociativo, popular e político definido como recuperación da memoria histórica, desenvolvido nos últimos dez anos e capaz de remover conciencias e academias, non abonda dende o meu punto de vista para construir ese novo metarrelato que aínda está por construir profesionalmente e asumir políticamente. Ese esforzo, ademais de requerir un novo acopio de información e datos, esixe temén avanzar nas preguntas con rigor e, entre elas, compre completar a indagación engadindo ao coñecemento e investigación sobre as vítimas, o valor historiográfico que o coñecementoe investigación sobre os verdurgos pode deitar no coñecemento daquel proceso histórico.