III Congreso Internacional Historia a Debate Santiago de Compostela

III Congreso Internacional Historia a Debate
Santiago de Compostela, 14-18 de julio de 2004


Paradigmas actuales en ciencias sociales


MESA F. PARADIGMAS ACTUAIS EN CIENCIAS SOCIAIS

Fernando Cabo (Universidade de Santiago de Compostela)

"Historias da literatura e xeografía ¿un novo paradigma?"

A crise actual do discurso historiográfico literario, entendido na maneira na que se consagrou durante o século XIX, tivo como efecto unha insistencia moi particular na dimensión espacial da cultura, moitas veces mesmo como negación ou contestación explícita á determinación histórica, e, en consecuencia, propiciou unha importancia crecente destes rexistros espaciais nas formacións discursivas ligadas á historiografía literaria. A cuestión é a de aquilatar ata qué punto esta énfase implica un cambio efectivo de modelo historiográfico e, de ser así, en qué modo se manifesta no panora actual da historiografía literaria.